A revista dixital de adestramento máis visitada de España ten orixe galega
A revista dixital de adestramento máis visitada de España ten orixe galega
Medio millón de persoas ven a páxina cada mes
Medio millón de persoas visitan cada mes unha páxina de contidos web creada por tres galegos que, a base de divulgar información científica sobre adestramento, fitness, saúde e nutrición conseguiron que o seu blog sexa a revista dixital deste sector máis vista en España.
Pablo é un dos tres socios que abriron hai nove anos mundoentrenamiento.com. Todos estudaron INEF e na actualidade son profesores.
Para eles esta páxina é un espazo onde ofrecer información científica nun sector no que hai moito intrusismo e, polo tanto, moita desinformación. Por iso os corenta colaboradores que traballan no seu portal son graduados nas materias sobre as que falan.
Levan nove anos co portal e vailles ben. Todo canto gañan con este proxecto reinvísteno nel.
Cren que un dos segredos do éxito desta páxina foi apostar polo que lles gusta. A súa intención é que este proxecto siga medrando.