Publicador de contidos
Publicador de contidos

A revolución Taylor Swift toma Madrid

A revolución Taylor Swift toma Madrid

Uns 150.000 espectadores verán a cantante máis seguida do mundo nos dous concertos do Bernabéu

Os efectos das actuacións modificaron a vida cotiá da cidade

G24.gal 29/05/2024 21:43

"A vida non é agardar a que pase a tormenta, é aprender a bailar na chuvia". A firma de Taylor Swift no brazo dun dos seus máis ferventes seguidores, que a segue dende que a cantante era nena porque xa daquela intuía que ía ser moi grande.

Tan grande que, dous días antes do primeiro concerto en Madrid, unha recua de camións xa apuntaba ao Bernabéu. Había ringleiras para a mercadotecnia un día antes da actuación. Esta xira está considerada a máis rendible da historia.

E mércores. Chega o concerto. Outra das claves do éxito sideral da cantante é que crea comunidade. Así a longa espera non se fai longa. 

Ás portas do concerto había quen estaba tan preto e tan lonxe do concerto: un pai e unha filla chegaron de Valencia sen entrada, só para ver o ambiente. E quen podía ía entrando. Ante os nervios, non era xa momento de falar da influencia internacional da cantante na economía e na política. 

Uns 150.000 asistentes aos dous concertos. O do Bernabéu é unha proba máis de que Taylor Swift xoga noutra liga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos