A Ribeira Sacra agarda un 60 % de ocupación hoteleira en Noiteboa e Noitevella
A Ribeira Sacra agarda un 60 % de ocupación hoteleira en Noiteboa e Noitevella
Familias que desexan pasar as festas en casas de turismo rurual son o perfil maioritario
Negocios de hostalería mudan datas e horarios para atender as novas demandas
Familias ou grupos de amigos que reservan casas completas para pasar a Noiteboa. Ese é o perfil maioritario dos turistas que van visitar A Ribeira Sacra durante as festas. Se na ponte de comezos de mes a ocupación hoteleira superou o 80 %, para Noiteboa agárdase chegar ata un 60 %. Unha cifra óptima tendo en conta que se trata dun destino pouco ou nada habitual nestas festas.
Tradicionalmente, son moitos os hoteis e restaurantes da Ribeira Sacra que pechan entre mediados de decembro e comezos de febreiro. Con todo, o aumento da demanda para pasar tanto a Noiteboa como a Noitevella en casas de turismo ou con ceas contratadas fai que a tendencia estea a mudar.
A Ribeira Sacra fórmana 26 concellos das provincias de Lugo e Ourense, polo que a oferta de actividades para estas datas vai ser do máis variada.