A Ribeira Sacra sortea a crise aumentando un 13 % as súas vendas neste ano
A Ribeira Sacra sortea a crise aumentando un 13 % as súas vendas neste ano
Á falta da campaña do Nadal, xa comercializaron 200.000 litros máis que en 2021
A caste godello leva cinco anos medrando o 1 % anual na D. O.
No que vai de ano, xa se venderon 3.800.000 litros de viño da Ribeira Sacra, é dicir, un 13 % máis que en 2021. E iso que o ano pasado o crecemento tamén andara polo 10 %. O viño conseguiu facerse imprescindible nos lineais dos supermercados e nos locais de hostalería e algunhas adegas xa están a adiantar o embotellado da última vendima porque a demanda non deixa de crecer e aumentaron as exportacións.
A campaña do Nadal tamén vai supoñer un importante empurrón para a comercialización dos viños da Ribeira Sacra, que cada vez son máis habituais en cestas de empresa e de regalo. Outro reclamo para as vendas está no turismo; non en van, na pasada ponte logrouse unha ocupación hoteleira do 95 % nesta zona. Uns turistas que en boa medida veñen atraídos pola viticultura.
Os viños brancos da caste godello están a aumentar as vendas nun 1 % anual dende hai cinco anos, unha cifra que non se da en ningunha outra denominación de orixe.