Publicador de contidos

Publicador de contidos

A rotura dunha balsa de regadío arrastrou coches e cortou varias estradas ao norte de Cáceres

A rotura dunha balsa de regadío arrastrou coches e cortou varias estradas ao norte de Cáceres

As intensas chuvias poñen en aviso Extremadura, Madrid, Andalucía e as dúas Castelas

G24.gal 17/03/2025 19:52 Última actualización 17/03/2025 19:56

Un tres de borrascas afectará esta semana a España. A primeira, Laurence, xa está deixando avisos por chuvia nas comunidades de Madrid, Canarias, as dúas Castelas,  Andalucía e Estremadura.

Ao norte de Cáceres rompeu unha balsa de regadío con máis de 300 metros cúbicos de auga, que arrastraron quince vehículos e inundaron as estradas de acceso á localidade de Jarandilla de la Vega.

En Andalucía, os ríos botan por fóra nas provincias de Sevilla, Málaga e Cádiz, por precipitacións que alcanzaron os 80 litros en 12 horas.

A situación continuará complicada ata o mércores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar