A sardiña abunda nos mercados e vai a bo prezo dous días antes do San Xoán
A sardiña abunda nos mercados e vai a bo prezo dous días antes do San Xoán
Prevese que non haxa escaseza para a noite meiga e que manteña o prezo destes días
Abondosa e saborosa. Así está a sardiña a dous días para o San Xoán.
"Hai moita e xa ten graxa. Está moi rica, malia que non é moi grande", comentan os vendedores do mercado da praza de Lugo, na Coruña.
E por isto o prezo, polo momento, é o mesmo que a comezos de mes.
"Estamos vendéndoa a cinco euros e a seis a máis grande, pero non hai moita grande", engaden os vendedores.
E para o San Xoán prevese que non haxa escaseza. Polo que os vendedores contan con que non protagonice unha escalada de prezos.
Así que moitos prefiren agardar ao propio venres para mercar as sardiñas.
"Por manter a tradición".
"É un día e malia que soban un pouco, tampouco pasa nada".
"A sardiña non pode faltar", comentan algúns clientes.
Porque para moitos as sardiñas son imprescindibles na noite de San Xoán.