Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección sub-21 xa prepara a final ante Inglaterra

A selección sub-21 xa prepara a final ante Inglaterra

Os celestes Gabri Veiga e Manu Sánchez partirían dende o banco

Inglaterra todavía non recibiu nin un só gol no Europeo

G24.gal 07/07/2023 14:20

España xógase mañá as 18:00 converterse na única selección en lograr 6 Europeos na categoría sub-21. Actualmente atópase empatada con Italia con 5 trofeos.

Fronte a eles unha selección inglesa que chega á final como favorita tras vencer e deixar a súa portería invicta en todos os seus encontros na competición. Unha defensa que se basea no potencial dos seus dous centrais : Colwill, do Chelsea, e Taylor Harwood-Bellis, do Manchester City.

A esta defensa súmaselle o talento de tres dos xogadores con maior valor de mercado de toda a competición: Palmer, do Manchester City; Gibbs-White, do Nottingham Forrest; Smith Rowe, do Arsenal.

A selección de Santi Denia deberá repetir o grande encontro disputado nas semifinais ante Ucraína e Gabri Veiga terá a oportunidade de demostrar o seu talento diante de toda Europa, en principio, saíndo dende o banco.

Semella máis complexo que dispoña de minutos a nova fichaxe celeste, Manu Sánchez, que só xogou o derradeiro encontro de fase de grupos ante Ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade