Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección de Corrales queda ás portas do terceiro ouro consecutivo

A selección de Corrales queda ás portas do terceiro ouro consecutivo

A selección sueca levaba 20 anos sen gañar este Europeo de balonmán

O partido decidiuse na última xogada do partido dende os sete metros

G24.gal 30/01/2022 19:56

Co cangués Rodrigo Corrales na portería iniciaba España unha final igualada e con alternativas, aínda que o combinado de Jordi Ribera tardou bastantes minutos en poñerse por diante no marcador. Suecia levou a iniciativa, sen grandes vantaxes, ata a recta final do primeiro tempo.

Corrales foi decisivo para chegar con vantaxe ao descanso, 12–13, unha distancia curta pero que permitía soñar co terceiro título europeo consecutivo. 

Na segunda parte o guión foi o mesmo, moita igualdade. O gardamallas cangués deixou o protagonismo a Pérez de Vargas e Tarrafeta colleu as rendas en ataque. Así, os golpes de cada combinado nacional fóronse sucedendo ata chegar ao 26–26.

Cañellas errou a oportunidade de poñer o marcador a prol de España, e posteriormente provocou o penalti que significou o 27–26 definitivo. Xa co tempo cumprido, Ekberg condenaba os hispanos á derrota e deixábaos sen a oportunidade de revalidaren o título europeo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade