Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección española concéntrase seis días antes do Mundial

A selección española concéntrase seis días antes do Mundial

España parte este martes cara a Xordania para xogar o último amigable coa selección local antes de viaxar a Qatar

 Pedri: "Seguro que o mellor seleccionador para España é Luis Enrique. É quen máis nos fai crer as cousas"

Ansu Fati: "Hai que crer sempre. Estaremos aí loitando por todo"

G24.gal 14/11/2022 21:23

Os elixidos para Qatar xa están ás ordes de Luis Enrique. 26 xogadores, 20 debutantes nun Mundial e só un supervivente da España Campioa de 2010, o capitán Sergio Busquets. Gavi, o máis novo, tiña cinco anos cando Casilllas levantou a Copa do Mundo. Novos pero ambiciosos.
Ansu Fati di que "hai que crer sempre, estaremos aí loitando por todo". Dani Olmo, do Leipizg dixo que "está feliz, que é unha oportunidade única". "Imos por todas", sentenciou. E para o mediocentro do City Rodri, "é un soño cumprido, estamos coa ilusión polos aires".

Arroupados por Luis Enrique, o líder desta Selección que xa se adestra para debutar o mércores da próxima semana fronte a Costa Rica. "Seguro que o mellor seleccionador para España é Luis Enrique. É quen mais nos fai crer as cousas", dixo Pedri, para quen Alemaña é o rival máis complicado. Está no grupo de España canda a Costa Rica e O Xapón.

Pedri, embaixador do produto canario e chamado a ser a figura de España levará ás costas o número 26. Non é o único que chama a atención. O dez de España é para Asensio, Morata levará o sete, mentres que o nove é para Gavi. E o porteiro titular Unai Simón vestirá o 23. A xuventude non os libra das preguntas máis dificiles sobre Qatar. "É unha cultura distinta á nosa. Xóguese onde se xogue vou coa mesma ilusión, temos que centrarnos máis no fútbol", despachou Pedri.

A Selección pon rumbo a oriente medio este martes, con parada en Amán para xogar contra Xordania o último amigable antes do Mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos