Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección española feminina volve a Galicia para xogar en Riazor

A selección española feminina volve a Galicia para xogar en Riazor

Enfrontarase a Bélxica nun dos partidos clasificatorios para a Eurocopa de 2025

G24.gal 30/05/2024 20:18

A selección española feminina xogará este verán en Galicia. Será o próximo 16 de xullo no estadio de Riazor. As campioas do mundo enfrontaranse a Bélxica no último partido da fase de clasificación para a Eurocopa feminina de 2025. As campioas do mundo xa estiveron hai uns meses en Pontevedra cando disputaron un dos partidos da Liga das Nacións. 

Riazor xa acollera un enfrontamento da selección española feminina en outubro de 2019, o España- Azerbaixán,  clasificatoria para Eurocopa do 2021. Neste camiño cara a Euro 2025, este venres as de Montse Tomé xogan ante Dinamarca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade