Publicador de contidos
Publicador de contidos

A figura que arderá na noite meiga ten como protagonistas a Torre, Villalta e os éxitos deportivos

A figura que arderá na noite meiga ten como protagonistas a Torre, Villalta e os éxitos deportivos

Os operarios contan con que luza no seu máximo esplendor desde o mediodía deste venres

G24.gal 20/06/2024 14:54

A figura de San Xoán comeza a coller forma na praia de Riazor.

"Vai quedar ben". "Eu creo que é a Torre de Hércules e tamén o Deportivo". "Vense aí unhas mans, un ananá... así que será o ascenso do Dépor". "Xa dicía eu que este ano tardaba, pero claro con tanta chuvia...", din os coruñeses.

"Imos algo máis lentos porque o tempo non axuda, pero sen problema", explica David Romero, o xerente da carpintería Luirif.

Porén, malia este pequeno contratempo, os operarios contan con que a figura luza no seu máximo esplendor desde o mediodía deste venres ata a noite meiga.

Milleiros de persoas vanse achegar ata o epicentro da festa para ver queimar a falla que se reducirá a cinzas en cuestión de minutos. Na desde San Xoán aparecerá a escritora coruñesa Luísa Villalta, a quen se dedicou este ano o Día das Letras Galegas, os éxitos do Deportivo, tanto feminino coma masculino, os do Básquet Coruña. e, como non, a Torre de Hércules que hai quince anos foi declarada Patrimonio da Humanidade.

A idea partiu de Romero Arte e, tras ser aceptada polo Concello, a carpintería Luirif levouna a cabo. En total, seis toneladas que arderán malia a mágoa que sentirán algúns e a ledicia que percibirán outros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade