Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección española segue mandando no fútbol feminino e gaña a Liga das Nacións

A selección española segue mandando no fútbol feminino e gaña a Liga das Nacións

Impúxose a Francia con moita claridade por 2-0 (Bonmatí e Caldentey)

G24.gal 28/02/2024 20:24 Última actualización 28/02/2024 20:36

A selección española feminina confirmou a condición de mellor equipo de Europa. Gañou a final da Liga das Nacións a Francia por un claro 2-0. Dominou o partido desde o principio ata o final e o resultado mesmo quedou curto para os merecementos do cadro dirixido por Montse Tomé. A pontevedresa Tere Abelleira, vítima dun problema muscular desde o 3 de febreiro, entrou na lista do partido pero non puido gozar de minutos. 

O control do partido de España foi total ante unha Francia que se dedicaba a defender e intentar sacar algunha contra. Froito da insistencia, chegou o gol marcado pola considerada mellor xogadora do mundo, Aitana Bonmatí. 

O Barcelona segue a ser o alicerce da selección española. Ao pouco de comezar a segunda metade, Mariona Caldentey marcou o 2-0 e deixou o partido sentenciado vista a nula resposta do equipo galo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos