A selección feminina chega á Coruña, onde xogará o martes o partido contra Bélxica
A selección feminina chega á Coruña, onde xogará o martes o partido contra Bélxica
A selección española feminina xa está na Coruña onde o martes xogará o último partido correspondente á fase de grupos da clasificación para a Eurocopa. O rival será Bélxica e o equipo de Montse Tomé xa selou a súa clasificación para a Euro.
Galicia terá outra oportunidade de ver un partido do equipo que gañou o campionato do mundo en Suráfrica e será nun dos últimos partidos preparatorios antes de comezar a competición nos Xogos Olímpicos de París para os que se clasificaron dun xeito brillante na Liga das Nacións.
A pontevedresa Tere Abelleira é unha das xogadoras que forman parte da expedición da selección española e agarda poder xogar diante dos que foron os seus afeccionados ata hai catro temporadas cando militaba no conxunto deportivista.