A selección feminina de fútbol estará nos Xogos Olímpicos de París
A selección feminina de fútbol estará nos Xogos Olímpicos de París
Gañoulle por 3-0 a Países Baixos e estará na final da Liga das Nacións
Jenni Hermoso e Aitana Bonmatí marcaron no treito final da primeira parte. Ona Batlle fixo o terceiro
A selección española feminina de fútbol fixo historia ao clasificarse para os Xogos Olímpicos de París. A Liga das Nacións outorgaba dous billetes e un deles acadouno España logo de meterse na gran final. O equipo feminino gañoulle por 2-0 a Países Baixos no partido xogado no campo da Cartuja, en Sevilla.
España sentenciou no treito final da primeira parte con dous goles case seguidos. No minuto 41 marcou Jenni Hermoso e no último minuto a mellor xogadora do mundo, Aitana Bonmatí, era a que anotaba o 2-0.
¡𝑳𝒐 𝒉𝒂 𝒉𝒆𝒄𝒉𝒐 𝑯𝑬𝑹𝑴𝑶𝑺𝑰́𝑺𝑰𝑴𝑨 𝒃𝒊𝒆𝒏, 𝑱𝒆𝒏𝒏𝒊!
— Teledeporte (@teledeporte) February 23, 2024
Lo ha dicho @AliciaArevalo29 y no le falta razón
Que golazo de 🇪🇸 para ponerse por delante https://t.co/80DuyyUmO9 pic.twitter.com/qb5H5jSaeq
💥Y ahí va el SEGUNDO
— Teledeporte (@teledeporte) February 23, 2024
😏A esta selección no le para nadie, y a Aitana Bonmatí, menoshttps://t.co/80DuyyUmO9 pic.twitter.com/ekXKUtoxoW
O terceiro gol marcouno Ona Batlle no minuto 77 sentenciando o pase á final da Liga das Nacións, novo título que poderá conquistar o equipo de Montse Tomé.
💥 ¡¡¡𝗚𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗟, 𝗚𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗟!!!
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) February 23, 2024
Llega el terceroooo y lleva la firma de Ona Batlle.
🇪🇸🆚 🇳🇱 I 3-0 I 77'
📺 @La1_tve#JugarLucharYGanar I #UWNL pic.twitter.com/76hApSQMoc
A pontevedresa Tere Abelleira non puido estar no partido por lesión pero seguro que forma parte da lista de convocadas que vaian aos Xogos de París deste verán.