Cargando resultados...
A siderúrxica Megasa produce en horario nocturno pola carestía da electricidade
A siderúrxica Megasa produce en horario nocturno pola carestía da electricidade
A medida vaille supoñer unha redución do 10 %
A compañía mantén o seu cadro de persoal, integrado por 130 persoas
G24.gal
26/10/2021 09:05
O prezo da electricidade levou á siderúrxica Megasa a modificar os horarios de produción desde esta semana para limitala ao nocturno, fins de semana e festivos.
Produce unhas 300.000 toneladas ao ano de material siderúrxico e a medida vaille supoñer unha redución do 10 %.
As previsións da empresa con sede en Narón son permanecer así ata a primavera se non hai modificacións nas tarifas. A compañía mantén o seu cadro de persoal, integrado por 130 persoas en dúas quendas.