Publicador de contidos
Publicador de contidos

A sobreexposición nas redes sociais ten impacto directo na saúde mental

A sobreexposición nas redes sociais ten impacto directo na saúde mental

Oversharing é o termo para nomear a adicción a compartilo todo nos medios

Galicia é unha das comunidades que máis publica 

A adicción ás redes sociais relaciónase co 55 % dos problemas de ansiedade e depresión
G24.gal 10/12/2024 15:18

 "Todo o mundo sabe da vida de todo o mundo, empezamos a colgar pois eu estou aquí, de vacacións alá...", comenta unha rapaza.

Dedicamos de media 4 horas diarias a atender as redes sociais, e os galegos entre os que máis. A adicción a estas plataformas é un camiño directo aos problemas de saúde mental. Mostramos unha vida feliz que pouco ten que ver coa realidade.

 "Normalmente só se comparten as cousas boas porque as malas...".

"Ao ver como tantas vidas perfectas pois ao final como que te comparas e dis,  por que isto lle pasa a esta persoa e non me pasa a min?", apuntan outras.

"A mocidade de 16 a 30 anos son o colectivo máis vulnerable, pasan máis horas ao día nas redes sociais, recorren máis a elas para aliviar os seus problemas emocionais e reciben máis comentarios ofensivos nas súas publicacións", explica Ruth Castillo, experta en intelixencia emocional.

O 50 % dos problemas de ansiedade, depresión e ira que se diagnostican na actualidade teñen que ver con iso.
 

"Só se expón o bo e penso que iso afecta de cheo sobre todo á autoestima"

 "Se esta influencer ten este tipo de corpo eu tamén o quero, entón entra a depresión, problemas ao mellor alimenticios...", indican dúas usuarias

Cando amosas a túa vida, estás exposto ao escarnio público.
 

"Sempre vai haber un comentario faltándolle ao respecto ou xulgando o que estás facendo porque o fai así ou porque non o fai así", di outra.

Pero que podemos facer para non caer na rede?
 

 "Establecer límites nos tempos de uso, desactivar as notificacións ou priorizar o contacto presencial fronte aos amigos virtual son algúns consellos para un uso responsable da tecnoloxía dende a preadolescencia", conta a experta en intelixencia emocional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade