A soprano Gloria Nóvoa estrea en Ourense un espectáculo que mestura teatro con distintos estilos musicais

O Teatro Principal acollerá este sábado a posta en escena de Je veux vivre, unha viaxe á experiencia vital dunha moza que se traslada á capital na procura dun futuro mellor e acaba atopándose a si mesma 

G24.gal 17/11/2023 20:56 Última actualización 17/11/2023 21:31

Gloria Nóvoa leva a música no sangue. De pai artista, viviu dende pequena rodeada de partituras pero non foi ata que se trasladou a Madrid para estudar arte dramática e canto cando descubriu a súa vocación.

Debutou na catedral de Ourense e agora regresa a súa cidade natal para estrear un espectáculo orixinal, unha obra na que a súa voz guíanos a través da historia dunha moza que se descobre a si mesma tras chegar á capital na procura dun futuro mellor.

Un monólogo fiado con distintas pezas musicais entre as que atopamos dende ópera a zarzuela, cancións internacionais e mesmo temas galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar