Cargando resultados...
A cesta da compra básica custa 50 euros máis que hai cinco anos
A cesta da compra básica custa 50 euros máis que hai cinco anos
As familias optan por adquirir produtos de marca branca, sobre todo en droguería
G24.gal
13/04/2024 15:32
Última actualización 13/04/2024 17:26
Non se trata de encher o carro, pero si de comprar o preciso. O caso é que os cartos non renden o mesmo.
No 2019 unha cesta da compra básica con aceite, café, deterxente e galletas, entre outros produtos podíase adquirir por 100 euros. Hoxe necesitamos 150.
Apréciase en todo, así que a tendencia é recorrer ás marcas brancas do supermercado, ou ás ofertas.
A marca branca é a máis escollida en droguería e alimentación, pero noutros artigos o que determina a compra, segundo a empresa que fixo o estudo de mercado, é o envase ou o uso que se vai dar ao produto antes ca o prezo.