Publicador de contidos
Publicador de contidos

A sustentabilidade das pensións, o debate que o goberno quere evitar, por Venancio Salcines

OPINIÓN

A sustentabilidade das pensións, o debate que o goberno quere evitar, por Venancio Salcines

G24.gal 22/04/2024 07:57

A Comisión Europea dá por feito que o noso sistema de pensións non é sostible no tempo. Isto, para Europa, ten a súa importancia, porque era un dos fitos que cumprir para ingresar o cuarto pago dos fondos europeos. Pero para os españois penso que o relevante é que nos mostra que as contas feitas polo ministro Escrivá, e asumidas como propias polo goberno de España, non mostran un camiño sostible e, polo tanto, máis cedo que tarde, teremos que asumir un debate do que sempre queremos escapar.

O sistema de pensións español é froito dunha estrutura piramidal, quere dicir isto que é necesario que a base, os cotizadores, superen amplamente os xubilados. En países novos, con crecemento demográfico, como era a España dos sesenta, isto era posible. Pero actualmente, e cos fillos do baby boom dos sesenta empezando a xubilarse, a estrutura demográfica entra en quebra. O que nos leva a asumir, polo menos, tres debates:

1.- O marco laboral dos inmigrantes. Requirimos máis traballadores e, para moitos, non ten sentido que teñamos centos de miles de inmigrantes irregulares en España e que estes non poidan traballar. O que tampouco ten sentido é que teñamos tantas dificultades para traer a España continxentes de traballadores estranxeiros.

2.- A perda do poder adquisitivo das pensións.

3.- No caso de que non se desexe facer ningún dos debates anteriores, entón temos que asumir un déficit, e se temos un descadramento nas contas públicas, debemos debater como as cadramos, adelgazando a administración, recortando servizos públicos ou incrementando máis os impostos.

Quizais a resposta de ese debate sexa unha combinación deses tres puntos, quizais; o que non pode ser é que pechemos os ollos e non queiramos ver, porque a realidade, por moito que non queiras vela, sempre esta aí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade