Cargando resultados...
A boirense Alma Pérez, subcampioa do mundo de taekwondo
A boirense Alma Pérez, subcampioa do mundo de taekwondo
G24.gal
27/11/2021 21:25
A galega Alma Pérez Parrado logrou hoxe a medalla de prata nos campionatos do mundo femininos de Riad, logo de caer na final da categoría -53 kg coa turca Merve Dincel.
A deportista galega, sétima cabeza de serie, conseguíu o subcampionato no derradeiro compate, logo de gañar en cuartos de final por 12-9 á serbia Tijana Bodganovic, prata no Río 2016 e bronce en Toquio, e derrotar en semifinais á rusa Margarita Alieva por 22-3.