Dous Alejandro Losada, campións de Europa de taekwondo: "Confundíronnos nun campionato"
Dous Alejandro Losada, campións de Europa de taekwondo: "Confundíronnos nun campionato"
Compiten por un club de Monforte e outro de Vigo
Só se distinguen pola idade e o segundo apelido. Aseméllanse ata no físico.
Galicia volveu con once medallas dos Campionatos de Europa de técnica de taekwondo disputados en Portugal. O máis curioso é que os dous ouros apañados pola delegación galega, en parella e trío, comparten nome e apelido.
Admiración mutua
Alejandro Losada Rodríguez, do Neka de Monforte, e Alejandro Losada García, do Tao de Vigo, son rivais, compañeiros e amigos. Na Zona mixta conseguiron xuntalos aos dous para que cada un falase do outro e explicasen, como se podía imaxinar que, de cando en vez, os confunden.
Así que, pequeno xogo das adiviñas. A quen pertence cada frase? *
“O outro día confundíronnos nun campionato”
"Eu estou onde estou grazas a el”
“O outro día competín eu co seu nome”
Só pode quedar un
Agora, despois de levantar os títulos europeos, ambos os dous teñen un mesmo obxectivo: conseguir a única praza para España no vindeiro Campionato do Mundo de Corea. Teremos alí un Alejandro Losada? Como na película de 'Os Inmortais', só pode quedar un.
*Solución, máis abaixo
Rodríguez: “Temos un xeito semellante de competir pero a min gustaríame moito ter a súa cabeza”
García: “Eu estou onde estou grazas a el, todo o que conseguín é porque el me fai presión”
Rodríguez: “O outro día en Avilés o outro Alejandro non podía ir, borraron o meu nome na lista e eu competín baixo o seu nome, pero logo tiven que avisar de que o tiñan que corrixir”