A taxa de abandono escolar en Galicia sobe ata o 9,9%
A taxa de abandono escolar en Galicia sobe ata o 9,9%
Galicia terá que esforzarse para acadar unha taxa menor ao 9%, obxectivo marcado para 2030
Tres comunidades autónomas teñen unha mellor cifra que Galicia. Á cabeza atópase o País Vasco, cunha taxa de abandono escolar -porcentaxe de alumnos que non estudan tras a educación obrigatoria- do 5,6%, seguida de Navarra cun 5,7%, e Cantabria, cunha taxa do 8,9%.
Castela e León, pola súa parte, empata con Galicia, e ambas contan cunha taxa de abandono escolar do 9,9%.
Aínda que Galicia se sitúa bastante por debaixo da media española, terá que esforzarse para acadar unha taxa menor ao 9%, obxectivo marcado para 2030.
Desde a Xunta sinalan nun comunicado que os datos reflicten un aumento debido ao forte descenso da taxa do ano pasado relacionado coa pandemia, momento en que a taxa rexistrou un mínimo histórico, de 8,1%.