Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda reivindica a FP para ter profesionais cualificados e acabar co abandono escolar

Rueda reivindica a FP para ter profesionais cualificados e acabar co abandono escolar

O presidente da Xunta en funcións inaugurou a ampliación do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra

G24.gal 12/03/2024 18:08 Última actualización 12/03/2024 18:29

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, reivindica a aposta de Galicia FP para ter profesionais cualificados e acabar co abandono escolar. Rueda inaugurou este martes a terceira ampliación do CIPF Carlos Oroza de Pontevedra, no que a Xunta investiu 2,8 millóns de euros.

O novo edificio ten tres andares e suma aulas dixitais para catas de viños, novas clases para xestión de aloxamentos turísticos e cociña e ata un viveiro de empresas para que o alumnado bote a andar os seus proxectos. O último á espera de patentar é unha máquina expendedora de comida saudable servida en frío ou quente para comer ao momento.

Na inauguración o director do CIFP Carlos Oroza, Manuel Hermo, defendeu que a FP galega é un referente nacional e internacional e asegurou que "crea oportunidades para o alumnado de empregabilidade, igualdade de xénero e emprendemento".

Alfonso Rueda lembrou que Galicia duplicou nunha década a cifra de matriculados na FP e dixo que este centro axudará a dar resposta á demanda de profesionais cualificados no turismo. O presidente en funcións engadiu que a aposta pola FP contribúe a reducir o abandono escolar, cuxo índice está na nosa comunidade "ao nivel dos países escandinavos", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade