A técnica que empregan no CHUS para a reconstrución maxilofacial, referencia nun Congreso en Singapur
A técnica que empregan no CHUS para a reconstrución maxilofacial, referencia nun Congreso en Singapur
A técnica que empregan no CHUS para a reconstrución maxilofacial, referencia nun Congreso en Singapur
O encargado de explicar esta técnica foi o doutor Quim Megías, o cirurxián maxilofacial do CHUS que foi invitado especificamente pola Sociedade Internacional de Microcirurxía Reconstrutiva
O ano pasado detectáronse en España 7.000 novos casos de cancro de cabeza. A técnica que empregan no CHUS para a reconstrución maxilofacial, tras a extirpación dos tumores, foi referencia da medicina internacional esta pasada fin de semana, nun congreso mundial celebrado en Singapur. É unha técnica de autotransplante, que consiste en trasladar tecido muscular, tecido óseo, pero tamén nervios ou parte do sistema vascular á parte da cabeza e da cara que quedaron danadas tras a extirpación do tumor.
"Como o tamaño dos vasos é pequeno, e os empalmes os facemos con microscopio, pois chámase microcirurxía reconstrutiva", explica Quim Megías, cirurxián maxilofacial do CHUS.
O doutor Megías, un catalán que escolleu o CHUS, onde traballa desde 2017, explica que se trata de intervencións moi complexas e destaca a implicación persoal dos equipos, como unha das razóns da calidade do servizo.
"Como mínimo imos cinco cirurxiáns, entón non é unha cousa de facermos a cirurxía e xa, senón de poder seguir, controlar, estar pendentes e ofrecer un servizo nas máximas garantías de seguridade para o paciente", explica Megías.
A presenza deste doutor en Singapur pon de manifesto unha vez máis o interese internacional pola medicina feita en Galicia.