Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mohamed Houli, a teoría da conspiración dun preso terrorista

G24.gal 14/02/2025 14:36

Segue coleando a comparecencia dun xihadista condenado na comisión do Congreso que investiga os atentados de Barcelona. Declarou a petición de Junts. Mohamed Houli, condenado a 43 anos de prisión, asumiu a teoría da conspiración dos independentistas cataláns, e acusou o CNI. Dende o Goberno din que non se lle pode facer caso. Pero o PP pide a dimisión de Armengol por permitir a súa comparecencia no Congreso.

Era unha pretensión de Puigdemont. E agora saca peito. Fíxoo nas redes sociais. E é que o xihadista condenado polos atentados de Barcelona sumouse no Congreso á teoría da conspiración promovida dende Junts: o CNI estaba detrás deses atentados. Acusou sen probas. Dende o Goberno din que non se lle pode facer caso e defenden o traballo da comisión de investigación do Congreso.

E aí, na presenza dun terrorista condenado no Congreso, pon o foco o PP. Responsabiliza o PSOE e a presidenta do Congreso, piden a dimisión de Armengol,  dun espectáculo lamentable. E un dos baróns socialistas, Emiliano García-Page lamenta que en España se xustifique que un terrorista humille ao Congreso. E fixose, dixo, no marco das negociacións do Goberno cos independentistas cataláns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade