A terceira xeración dos Carballo mantén a última fábrica de paraugas galega
A terceira xeración dos Carballo mantén a última fábrica de paraugas galega
Os paraugueiros fan os seus produtos á man no seu local na Coruña
Galicia foi terra de paraugueiros pero as modas e a competencia de produtores de baixo custo fixo desaparecer a maioría de fábricas. En España xa só quedan dúas, unha vasca e outra galega, Paraugas Carballo, de onde seguen saíndo auténticas xoias feitas á man.
Entre patróns, máquinas de coser e inxentes doses de paciencia van saíndo un a un os paraugas.
Sempre coa súa etiqueta e un apelido: Carballo, que vai xa pola terceira xeración á fronte deste negocio.
O propietario, Rogelio Lama Carballo, di que "o segredo é traballar ben e facer bo produto".
Pola súa banda, Esperanza Esperante, profesional na confección destes paraugas ofrece un consello para que resistan moitos invernos: "Sempre hai que deixalo secar aberto, sempre".
Todo apunta a que venderán, xa que as previsións para os vindeiros días anuncian bastante auga. Xa o reza o dito, chuvia e vento, paraugueiro contento.