Publicador de contidos
Publicador de contidos

A tomenta Elliot deixa unha corentena de mortos nos Estados Unidos

A tomenta Elliot deixa unha corentena de mortos nos Estados Unidos

Non se desbotan máis a medida que Elliot continúe a súa lenta retirada e se vaian limpando a neve e o xeo

Unha casa conxelada preto do lago Erie no estado de Nova York
G24.gal 26/12/2022 13:57

O temporal de frío intenso que afecta os Estados Unidos deixa polo menos 38 mortos e miles de fogares sen subministración eléctrica en todo o país.

Só na cidade de Búfalo, ao norte do estado de Nova York, contabilízanse sete persoas mortas relacionadas coas xélidas temperaturas.A zona permanece colapsada pola gran cantidade de neve acumulada nos catro últimos días e o aeroporto local inactivo.

A gobernadora de Nova York, Kathy Hochul, considera a treboada como a máis devastadora vista nunca na zona e comparou os seu efectos cos dunha guerra.

Outros seis estados, como Vermont, tamén na costa leste, ou Colorado e Kansas, no medio oeste estadounidense, rexistraron falecementos por accidentes ou por frío.

Agora que toda indica que o temporal se debilita, as autoridades temen que haxa máis vítimas baixo a neve, tanto nos coches atrapados nas estradas como nas propias vivendas.

Segundo os meteorólogos estadounidenses, hai poucos precedentes dunha fronte que coma esta se estenda desde os Grandes Lagos, no límite co Canadá, ao río Grande, na fronteira sur do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade