Cargando resultados...
A Torre de Hércules acollerá a primeira etapa do Gran Camiño
A Torre de Hércules acollerá a primeira etapa do Gran Camiño
Será unha contra o reloxo individual de quince quilómetros
G24.gal
01/12/2023 12:36
Última actualización 01/12/2023 16:04
A Torre de Hércules acollerá a primeira etapa do Gran Camiño. Será unha contra o reloxo individual de quince quilómetros aproximadamente, para inaugurar a terceira edición da carreira.
Será o día 22 de febreiro. Esta mañá a organización e a Deputación da Coruña asinaron o convenio de colaboración. No Gran Camiño participan as catro deputacións e a Xunta de Galicia.
Valverde e Vingegaard gañaron as edicións disputadas. O equipo de Vingegaard confirmou a súa presenza. Nos próximos días máis equipos UCI Pro Tour anunciarán a participación.