Publicador de contidos
Publicador de contidos

A tortilla en Galicia e o pemento de Padrón en Euskadi, líderes en comida a domicilio

A tortilla en Galicia e o pemento de Padrón en Euskadi, líderes en comida a domicilio

É o prato que máis piden os galegos para consumir na casa, segundo un informe dunha empresa de entrega a domicilio

Repartidor dunha empresa de entrega a domicilio
G24.gal 18/07/2024 14:58

"Home claro como non me vai sorprender, tería que ser aquí onde máis se pedira, non no País Vasco", sorpréndese unha froiteira de Padrón

É o dato que máis sorprende dun estudo que acaba de publicarse sobre os hábitos de consumo de comida a domicilio que hai nas diferentes comunidades. Os vascos o que máis demandan son pementos de Padrón.

 "Incrible, porque eles teñen uns pementos boísimos"

 "Onde estea o pemento de Padrón, a ver"

 "Non me digas e que están.... aínda que uns pican e outros non", comentan en Padrón

 "Si gustan, o picante en xeral gusta", apunta un turista vasco

 "Á parte co prezo que levan, eles teñen cartos para mercalos", argumenta un rapaz

E os galegos que soen pedir?

  "No noso caso en concreto o que máis se pide é a tortilla", explica Carlos Suárez, propietario do bar A Tita

 "Eu penso que tortilla e polbo, pero así, percebes non piden", opina un señor

"Igual se xuntan nun piso varias persoas e comparten a nós chámanos moito e dinnos, para cantos che dá a tortilla?, pois para 5, para 6, para 3", continúa o hostaleiro

Pois si, con máis de 40.000 unidades vendidas nos últimos doce meses, a tortilla cóase na listaxe como a receita tradicional máis pedida polos galegos.

"Unha ración de tortilla ou raxo con patacas está ben tamén, está moi bo", apunta un rapaz

O raxo, que o ano pasado era o máis solicitado, ocupa o segundo posto. A listaxe por orde de preferencia complétase coa empanada, os pementos de Padrón, e o polbo. De sobremesa, non podía faltar a torta de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos