Publicador de contidos
Publicador de contidos

A treboada con vento, pedra a chuvia ocasiona danos en Baio

A treboada con vento, pedra a chuvia ocasiona danos en Baio

A auga entrou en baixos, casas e tendas en media hora de chuvia moi intensa con sarabia

Imaxe da rúa principal de Baio este martes en que operarios municipais traballan na limpeza da lama que deixou a treboada
G24.gal 13/06/2023 13:52

A que caeu este luns, minutos antes das dúas da tarde, en Baio, é para lembrar e deixou moito que limpar. A descarga de auga e sarabia máis o vento foron brutais, segundo contan nesta vila do concello de Zas. A treboada intensa durou menos de media hora, pero foi dabondo para rebordar a estrada e entrar en baixos, casas e locais comerciais.

A farmacia foi un dos negocios invadidos polo aluvión, como nos conta Bárbara: "A Auga entraba na farmacia sen xeito e botamos man de diversos utensilios para freala, pero a auga entraba igual", di a empregada da Farmacia Central.

Ademais de estragos en bens privados, a auga tamén entrou en instalacións públicas e ocasinou danos no centro sociocultural.

O cultivos non se libraron da tromba. Isolina falábanos da mágoa que sentiu ao ver estragada a súa leira ademais de danos onda a casa: "Cando fun á leira chorei, porque traballei moito", relata que a sarabia lle estragou as plantas das patacas que plantou "nunha superficie de tres ferrados".

Durante toda a mañá deste martes operarios municipais traballaban na limpeza da beirarrúa que a treboada deixou feita un camiño de lama. E entre a veciñanza, proseguía o intercambio de imaxes como estas que nos cederon Ruth e Carmen, para compartir a vivencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade