A tripla de Pirata non lle chegou ao Noia para gañar en Murcia (5-5)

Partido con moitas alternativas que acabou decidíndose a 29 segundos do final co empate do cadro local

G24.gal 29/10/2023 10:26

O Noia sacou un punto de moito mérito na pista do histórico El Pozo Murcia (5-5). Partido espectacular, sobre todo nun segundo tempo en que houbo moitas alternativas no xogo e goles. 

O primeiro tempo acabou con empate a un. Marcou Rafa para os locais e empatou Nico Rosa a tres minutos para o descanso. 

No segundo tempo empezou a recua de goles. Gadeia (2-1) e Pirata (2-2) abriron as hostilidades. Gadeia repetiu (3-2) pero Lluc e Pirata marcaron para poñer os galegos por diante por primeira vez (3-4) a tres minutos do final. 

O El Pozo arriscou con porteiro xogador e volveu a ser Gadeia o encargado de empatar. Pirata non quería ser menos e marcou o terceiro da súa conta e a 29 segundos do final Taffy marcou o definitivo 5-5. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos