Cargando resultados...
A TVG, a televisión máis vista en Galicia este xoves
A TVG, a televisión máis vista en Galicia este xoves
Os espazos informativos da Galega foron líderes na súas franxas horarias
G24.gal
04/11/2022 11:03
A Televisión de Galicia foi a canle máis vista na nosa comunidade, cun 16,3 % de share. Os espazos informativos da TVG lideraron as súas respectivas franxas horarias, destacado a edición de mediodía do Telexornal, que foi o programa máis visto do día, con máis de 163.000 espectadores.
Salientable foi tamén a acollida do Galicia noticias (29 % de share) e A revista (23 %).
Xa fóra dos espazos informativos, o programa Land Rober liderou o prime time cun 21,8 % de share.