A TVG desvela esta noite todos os segredos das Tanxugueiras
A TVG desvela esta noite todos os segredos das Tanxugueiras
A Televisión de Galicia repasa a traxectoria das candidatas a Eurovisión
Despois dunha semana intensa podemos dicir que ademais de ser palabra do ano 2021 en Galicia tamén é a palabra máis escoitada estes días. Aínda non saben cal é? Esta noite, na Televisión de Galicia, poderemos coñecer "O asombroso caso das Tanxugueiras".
Sabedes como se deron a coñecer as Tanxugueiras? Foi cun vídeo gravado na parte de atrás do escenario do Celtic Connections en Glasgow no 2017.
Sabedes que Olaia e Sabela son xemelgas e deron os seus primeiros pasos en Luou? E Aida?
"Eu son de Aguiño, bueno, son de Ribeira pero mudeime para Aguiño. Miña nai é de Ribeira e meu pai é de Boiro, así que tamén teño familia en Boiro", explica Aida.
Sabedes quen foi o primeiro en apostar por elas para ir a Eurovisión?
"Se nos deixaran, a Galicia, presentarnos ao festival de Eurovisión con esta canción... Twelve points. Ganabamos seguro", aseguraba o presentador Piñeiro.
Sabedes de alguén que non gozase cos seus temas nas badaladas deste ano?
Se queredes saber os segredos do fenómeno musical do momento, non perdades esta noite "O asombroso caso das Tanxugueiras", a partir das 23:05 horas, na Televisión de Galicia.