A TVG, en Maggiora a carón de Jorge Prado: "Non podemos fallar"
O seu pai, Jesús Prado, atendeunos e recoñeceu que, por riba da carreira, "o importante é prender o campionato"
Jorge Prado ten a primeira das dúas opcións de acadar o campionato na penúltima proba da temporada, en Maggiora. A Televisión de Galicia está en Italia seguindo un momento que pode pasar á historia do motocrós galego e español.
Prado atópase totalmente concentrado na carreira de cualificación da tarde para intentar coller a meirande cantidade de puntos e a mellor situación para as carreiras do domingo (13:00 e 16:00 na G2 e G24.gal).
Atendeunos o seu pai, Jesús Prado, que nos falou de como se atopa o piloto lucense.
"Jorge encóntrase moi ben, tranquilo e motivado"
"Non podemos fallar, temos unha vantaxe moi grande"
"Imos andar coa calculadora, é moi importante prender o campionato"
As chuvia pode ser un fáctor que marque esta carreira. A chuvia caeu durante toda a mañá en Maggiora (preto de Milán) e o circuíto vai estar moi enlamado.