A TVG faise cun claro liderado nas audiencias en Galicia
A TVG faise cun claro liderado nas audiencias en Galicia
A TVG consegue unha cota do 21,3 % no conxunto da semana e do 22,4 % no período de luns a venres na segunda onda do EXM de 2022
A segunda onda de 2022 do Estudo Xeral de Medios, coñecida este martes, outórgalle a Televisión de Galicia unha cota do 21,3 % no conxunto da semana e do 22,4 % no período de luns a venres. Deste xeito, a TVG faise cun claro liderado nas audiencias en Galicia e supera o seguinte competidor en 4,8 puntos de share, Antena 3, cunha cota do 16,5 %.
Entre as canles autonómicas, a Televisión de Galicia faise co liderado ao superar o seguinte competidor en 4,3 puntos de share, TV3, cunha cota do 17 %.
Por días da semana, destacan as cotas de pantalla dos luns cun 23,1 %, dos martes cun 23,2 % e dos venres cun 26,6 %.
Na franxa informativa da sobremesa, de 13:00 a 17:00, a TVG obtén un marcado liderado ao mediar unha cota do 36,3 %, o seguinte competidor é Antena 3 cunha media do 16,4 %. Na franxa da noite, entre as 20:00 e as 04:00, destacan os venres cunha media do 27 %.
Os informativos da Galega, líderes
Na franxa informativa e da sobremesa, entre as 13:30 e as 17:00 horas, na que a TVG emite o bloque informativo do ‘Galicia Noticias’ e o ‘Telexornal Mediodía’ obtén un marcado liderado ao mediar unha cota do 36,3%, alcanzando picos de ata o 53,7%.
O seguinte competidor é Antena 3 cunha media do 16,4%. Na faixa da mañá entre as 8:00 e as 13.30 h tamén lidera a TVG cun 14,4%. Na faixa da noite (20:00-4:00), onde se encadra o prime time, a TVG lidera de novo cun 18,8% supera en máis dun punto ao seguinte competidor.
Os datos dos dous medidores independentes, tanto EXM como Kantar Media, reflicten a solidez da programación da TVG e a súa conexión co público galego en todas as faixas horarias tanto en informativos como nos programas de entretemento.