Publicador de contidos
Publicador de contidos

A TVG foi a canle máis vista en Galicia este sábado

A TVG foi a canle máis vista en Galicia este sábado

Destacan as audiencias dos informativos e dos programas en prime time

G24.gal 06/03/2022 11:37

A TVG recibiu este sábado o apoio dos espectadores da Televisión en Galicia cunha audiencia maioritaria.

Foi a canle xeralista máis vista, co 11,1 % da audiencia do sábado ante as nosas pantallas, co que  superou a A3, que logrou un 10,9 %.  E xa a máis distancia situáronse La 1, co 8,9 %, e Tele5, co 8,3 %.

Os programas informativos lograron a atención dos espectadores xa desde primeira hora co Bos Días, que tivo un 4,6 % da audiencia. O Galicia Noticias congregou o 19,6 % dos espectadores e o TX Mediodía superaba esa cifra, co 21,4 % coa atención posta no que pasa na invasión de Ucraína por parte de Rusia.

O informativo No Foco, despois do Telexornal Mediodía, logrou un15 % da audiencia e o do Serán tivo a atención do 9,5 % dos espectadores que vían a televisión a esa hora.

No que atinxe ao horario en prime time, o programa desta casa Atrápame se Podes logrou un 15 % da audiencia e o Bamboleo o 10,5 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade