Publicador de contidos
Publicador de contidos

A TVG foi a canle máis vista durante a xornada electoral

A TVG foi a canle máis vista durante a xornada electoral

O programa especial 'Eleccións 18F' liderou o horario de máxima audiencia, con máis de 767.000 espectadores 

G24.gal 19/02/2024 11:27

A Televisión de Galicia foi a canle máis vista na xornada electoral en Galicia, cunha cota de pantalla do 13 %. A TVG superou en 2,3 puntos de cota ao seguinte competidor, Antena 3 (10,7 %), liderando tamén as audiencias do conxunto das canles autonómicas (FORTA) en máis de cinco puntos e cunha audiencia media de 144.000 espectadores. 

Ao longo da xornada, máis de 900.000 persoas, o 34,5% dos galegos, escolleron a TVG para seguir a xornada electoral. O programa especial 'Eleccións 18F' liderou o horario de máxima audiencia. Máis de 767.000 espectadores conectaron co informativo especial presentado por Marta Darriba e Carlos Amado para seguir o escrutinio electoral, alcanzando un cota de pantalla do 22,1 %. 12 puntos máis que a seguinte canle máis vista, La1 e 13 por riba do resto de canles autonómicas. 

No conxunto da fin de semana, foron máis de 1.225.000 espectadores, o 46,5 % da poboación, os que escolleron as canles de televisión da CRTVG para estaren informados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade