Cargando resultados...
A TVG foi este venres a canle autonómica máis vista de toda España
A TVG foi este venres a canle autonómica máis vista de toda España
A audiencia media da xornada foi do 13,7 %
Os informativos do mediodía da TVG superaron o 25 % de share
G24.gal
22/10/2022 13:44
A Televisión de Galicia, que onte volveu ser a canle autonómica máis vista de toda España, cunha audiencia media do 13,7 %,
A TVG encabeza a táboa por diante da catalá TV3, de Aragón Televisión e de Canal Sur. O resto das autonómicas están por debaixo do 10 %. O Galicia Noticias e o Telexornal Mediodía superaron o 25 % e dobraron os informativos competidores nesa faixa horaria.
O Telexornal Serán foi o segundo máis visto, por diante de Televisión Española, Telecinco, La Sexta e Cuatro.