Publicador de contidos
Publicador de contidos

Así será a programación especial de TVG e G24 este 18F

Así será a programación especial de TVG e G24 este 18F

Desde a apertura dos colexios electorais poderá seguirse a xornada electoral en G24.gal e desde as 9:30, no primeiro adianto da TVG

O especial informativo arrancará ás 19:40 horas coa enquisa de GAD3 e o avance do escrutinio

G24.gal 17/02/2024 20:00

A TVG prepara para o domingo un amplo seguimento da xornada electoral. Desde a apertura dos colexios ata ben entrada a madrugada haberá conexións cos principais puntos de interese.

A programación especial comezará ás 9:30. Cun adianto informativo da apertura dos colexios electorais e conexións en directo nas catro provincias galegas e no centro de datos.

Será o arranque dunha xornada que a TVG seguirá de preto cun importante depregadura técnica e humano. Ás 12:30 volveremos aos puntos de directo, coas votacións e declaracións dos líderes políticos e cos primeiros datos de participación.

A información electoral encherá o Telexornal mediodía e regresará nun novo adianto ás 17:30.

Pouco antes do peche dos colexios, ás 19:40, comezará un programa especial, cos resultados da sondaxe de G3 para a TVG a partir das 20:00 e todos os datos que vaian saíndo na xornada electoral.

Estará presentado pola xornalista Marta Darriba, que conta que "someteremos os datos a análise dos nosos expertos politólogos en dúas mesas de debate".

Durante máis de catro horas haberá conexións coas principais sedes dos partidos políticos, atentos ás avaliacións dun escrutinio que se vai seguir de preto.

O minuto a minuto do 18F seguirse en G24.gal. Tanto na web como nas súas redes sociais poderán seguir todo o que aconteza en Galicia o próximo domingo, con gráficos onde se poderán consultar os datos máis relevantes, incluídos as porcentaxes de voto nos 313 concellos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade