A UCO sitúa a Ábalos no centro da trama do caso Koldo
A UCO sitúa a Ábalos no centro da trama do caso Koldo
A Garda Civil considera que o conseguidor da trama pagou un chalé que usou Ábalos e o alugueiro do piso onde vivía a súa noiva
O Goberno desvinculase de Ábalos
O PP sinala a Sánchez como o número un da corrupción e di que so lle queda dimitir e convocar eleccións
Os investigadores da UCO atribúen a Ábalos un papel relevante na trama. No informe sinalan como un alto cargo do ministerio identifica o exministro como a persoa que se encontraba ao cargo das xestións de contratación coa empresa Soluciones de Gestión.
As revelacións da UCO apuntan a que o conseguidor da trama, Víctor de Aldama aboou o alugueiro do apartamento onde residía unha muller que naquel momento tiña unha relación con Ábalos. E non foi a única contraprestación.
A Garda Civil considera que hai múltiples evidencias do uso por parte de Ábalos dun chalé en Cádiz comprado por Aldama a través de supostos homes de palla.
A UCO tamén apunta á actual presidenta do Congreso, Francina Armegol, daquela presidenta de Baleares. Koldo escríbelle "Vale, cariño, mantéñote informada", en plena negociación para a compra de máscaras.