A UE confirma a Francia que non se prohibirá a pesca de arrastre nas zonas mariñas protexidas
A UE confirma a Francia que non se prohibirá a pesca de arrastre nas zonas mariñas protexidas
España e Francia foron abertamente contrarios polo risco de desaparición desta frota
Planas anticipa máis debates e votacións antes de haxa unha regulación
O Goberno francés anunciou este domingo que a UE non prohibirá finalmente a pesca de arrastre nas zonas mariñas protexidas para 2030, como estaba inicialmente previsto.
O secretario de Estado do Mar do Gobierno francés, Hervé Berville, explicou que mantivo un encontro co Comisario europeo de Medio Ambiente e Pesca, Virginijus Sinkevicius, quen lle asegurou que non se impoñerá esta prohibición.
"Confirmou que non impoñería unha prohibición de artes de fondo nas áreas mariñas protexidas, nin en 2024 nin en 2030 e, polo tanto, que o plan presentado pola Comisión non sería xuridicamente vinculante", explicou Berville nun comunicado oficial.
Berville acompañou varios pescadores a un encontro con Sinkevicius celebrado en Bruxelas. Na cita, o comisario europeo explicou que "o Plan de acción para a pesca sostible presentado pola Comisión Europea só ofrece orientacións aos estados membros", polo que o diálogo "segue aberto".
Planas anticipa máis debates e votacións antes de haxa unha regulación
O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, insistiu este luns en Vigo, un dos principais portos pesqueiros de Europa, no rexeitamento do Goberno de España, co que se aliñaron en Bruxelas a maioría dos países membros, ao plan de acción da Comisión Europea para a conservación dos recursos pesqueiros.“A mensaxe é moi clara: sustentabilidade, si; pero que pase tamén pola rendibilidade da actividade pesqueira e a sustentabilidade social e territorial do conxunto do noso sector pesqueiro e das comunidades costeiras que viven da pesca; é así de sinxelo e así de directo”, dixo Planas.
O ministro afirmou que entende que a Comisión tome "nota" ao ver que a posición española foi secundada no Consello de Ministro de Bruxelas por unha "inmensa maioría" dos ministros presentes.
Segundo explicou o ministro, a proposta europea “non aseguraba o fundamental: o equilibrio entre a sustentabilidade ambiental pero evidentemente tamén a social e económica”.
Trátase de catro documentos que “non se poden traducir en medidas concretas se non pasan previamente como proxectos de regulamento ou de directiva a través do proceso de codecisión entre o Consello e o Parlamento”, explicou Planas, que anticipou máis debate e negociacións, as cales chegarán ata o segundo semestre do ano, cando España exerza a Presidencia do Consello da UE.
España e Francia foron algúns dos países máis abertamente contrarios ao plan de Bruxelas para garantir a protección xurídica das súas augas coa ampliación das zonas mariñas protexidas do 12 % actual ao 30 %, xa que ambos advertiron do risco de desaparición da pesca de arrastre se reduce aos niveis do plan de acción.