A UE disporá das vacinas para nenos a partir de 5 anos desde o 13 de decembro
A UE disporá das vacinas para nenos a partir de 5 anos desde o 13 de decembro
A inxección administrarase en dúas dose, cun intervalo de tres semanas entre a primeira e a segunda
A Unión Europea dispoñerá a partir do próximo 13 de decembro de vacinas adaptadas para nenos a partir de cinco anos, que xa foron aprobadas pola Axencia Europea de Medicamentos.
Así o anunciou este martes a presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen. "Falei con BionTech-Pfizer e hai boas noticias. Poden acelerar e as vacinas para nenos estarán dispoñibles a partir do 13 de decembro", declarou en conferencia de prensa.
A EMA apoiou o pasado xoves a extensión da actual licenza europea das farmacéuticas Pfizer e BioNTech para o uso da súa vacina contra a covid-19 en nenos de entre 5 e 11 anos, aínda que cunha dose menor que a utilizada en maiores de 12 anos.
A inxección administrarase en dúas doses, cun intervalo de tres semanas entre a primeira e a segunda.