Publicador de contidos
Publicador de contidos

A última fronte do verán deixa en Galicia vento forte e chuvia

A última fronte do verán deixa en Galicia vento forte e chuvia

Na Coruña rexistrouse forte vento que superou os 70 km/h na cidade e que tamén se deixou sentir no mar

G24.gal 20/09/2023 21:40 Última actualización 20/09/2023 22:11

Chuvia, vento e ambiente fresco en Fisterra na tarde deste mércores. A piques de rematar o verán, a poucos colle por sorpresa a chegada da última fronte estival. 

Na Coruña rexistrouse forte vento, que superou os 70 km/h na cidade e tamén se deixou sentir no mar. Anúnciase chuvia que irá a máis, mais aquí danlle a benvida. Semella que son menos os nostálxicos do que se vai.

Son días en que se transita entre o traxe de baño, o paraugas e algunha que outra peza de abrigo, sen saber moi ben a que botar man no roupeiro. Pois haberá que ir pensando en ir sacando chuvasqueiros e gabáns porque o solsticio de verán está a chegar á súa fin.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade