Morre unha excursionista e outro permanece desaparecido en Mallorca polo temporal
Morre unha excursionista e outro permanece desaparecido en Mallorca polo temporal
Os dous, de nacionalidade británica, foron arrastrados por unha tromba de auga na serra de Tramontana
A Garda Civil conseguiu evacuar da zona outras dez persoas que permanecían atrapadas e sen roupa de abrigo
Un excursionista británico de 32 anos morreu e unha muller de 26 que o acompañaba atópase desaparecida na zona do Torrent de Pareis como consecuencia das fortes tormentas de choiva e vento que se rexistraron este martes na Serra de Tramuntana e outras áreas de Mallorca.
Os dous saíran facer sendeirismo xunto a un grupo de persoas que quedaron atrapadas no medio dunha enchente provocada por unha repentina tromba de agua. Dez delas foron evacuadas en helicóptero a unha zona segura, tras ser localizadas sen roupa de abrigo.
"Cando sobrevoamos a zona atopamos dez persoas en estado de shock e rodeados de auga. Foi desproporcionado o que choveu en pouco tempo", explica Juan Carlos Rodríguez, coordinador do rescate.
Tres dos excursionistas explicaron que un home e unha muller foran arrastrados pola tromba de auga que corría polo torrente, polo que axentes especializados dos Bombeiros de Mallorca e a Garda Civil iniciaron a busca, que tivo que ser suspendida a última hora do día por falta de luz.
Na mañá deste mércores retomáronse os labores de rastrexo e atopouse o corpo sen vida do home. Mentres que 24 horas despois, continúan buscando a muller.
Durante o martes producíronse en Mallorca tormentas con choiva torrencial e vento moi forte. Na zona do centro da illa e na serra de Tramuntana a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) declarou alerta laranxa, que afecta xa este mércores a todo o arquipélago.