Chega a Galicia o primeiro grupo de inmigrantes que recibirá a comunidade
Chega a Galicia o primeiro grupo de inmigrantes que recibirá a comunidade
Galicia prevé recibir esta semana uns 280 migrantes, 104 este martes
Chegan procedentes das Canarias, onde permaneceron un tempo logo de fuxir da guerra do seu país, Malí
Igual que o resto de comunidades autónomas, Galicia comeza a recibir inmigrantes chegados das Canarias. O primeiro grupo con 104 adultos instaláronse no albergue do Monte do Gozo, en Santiago.
Chegaban preto das once desta pasada noite ao albergue tras varias horas en autobús. E moitas máis escapando da guerra e da miseria. Son todos adultos, pero moi novos, entre 20 e 25 anos, que chegaron nos últimos meses ás Canarias, coa condición de refuxiados. Agardaban por eles en Santiago membros da oenegué Rescate.
E acompañáronos ao comedor que estaba preparado para servirlles a cea, antes de pasar a primeira noite en Galicia. A Xunta encargarase de darlles apoio en materia social, educativa e sanitaria.
Ao longo do verán a comunidade continuará recibindo máis grupos dentro do programa do Goberno central para aliviar a presión nas Canarias ante a avalancha de persoan que chegan ás súas costas fuxindo da guerra no seu país. Ademais de Santiago, repartiranse entre Ourense, Becerreá e Monforte.
Galicia será refuxio para os inmigrantes que chegan en situación regular coa solicitude de asilo feita. Pasado un tempo, poderán viaxar a outros países de Europa, onde probablemente teñan familiares, outros quedarán aquí para facer unha nova vida.
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, explicou que a previsión é que a comunidade autónoma reciba uns 280 migrantes esta semana, 104 deles chegaron este martes. O resto irano facendo de maneira gradual, precisou o representante gobernamental, dixo Blanco en Vigo.
O delegado afirmou que a Xunta está "informada" tanto da data como do número de persoas que chegarán a Galicia, dato que tamén trasladou á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
Esta semana, está previsto, segundo o delegado, que chegue outro centenar de migrantes a Santiago de Compostela, en concreto ao complexo do Monte do Gozo, e que aproximadamente outros 70 o fagan a Becerreá, en Lugo, co que, en total, a cifra rozará os 280.