Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Unesco celebra este xoves o Día contra a Violencia e o Acoso Escolar

A Unesco celebra este xoves o Día contra a Violencia e o Acoso Escolar

Oito de cada dez familias consideran que o móbil pode potenciar o bullying

G24.gal 02/11/2022 21:24 Última actualización 02/11/2022 21:56

A idade media a que as familias galegas dan o primeiro móbil aos fillos é doce anos, dous máis tarde que a media española. 

Segundo un estudo sobre a percepción do acoso escolar en España, en que participa a comunidade de nais e pais Educar é todo, oito de cada dez familias consideran que o móbil pode potenciar o bullying ou acoso escolar.

"O acoso sen o móbil queda máis restrinxido á aula, ao instituto ou á contorna; ao haber un móbil xa estamos a falar dunha proxección moito maior", explica Antonio Tova, psicólogo especializado en adiccións con ou sen substancias.

O mesmo estudo sitúa no 65 % as familias que admiten non ter activado ningún control parental nos dispositivos dos menores ou non supervisalos. 

"A app é un vehículo que pode axudar a xestionar determinadas cousas, como que non entre en páxinas directamente de pornografía ou que non poida entrar en páxinas de xogo online. A app pode axudar, pero detrás da app teño que estar eu como pai que lle explique o que se está a facer", engade Antonio Tova.

Os expertos insisten: informar os menores e manter unha boa comunicación con eles é fudamental pra previr as condutas de acoso entre iguais a través das redes e do uso do móbil.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade