A unidade infanto-xuvenil do Álvaro Cunqueiro permite duplicar a atención psiquiátrica a menores en Galicia

Neste día da sáude mental, A Xunta deu un novo paso no tratamento desas patoloxías. O Conselleiro de Sanidade visitou as instalacións da nova unidade de hospitalización psiquiátrica infanto-xuvenil que será o centro de referencia para as áreas sanitarias de Vigo, Pontevedra e Ourense.
Unhas dependencias de 740 metros cadrados no Hospital Álvaro Cunqueiro que permitirán duplicar a atención que se presta en Galicia os menores de 16 anos con doenzas psiquiátricas. O centro forma parte do Plan Galego de Saúde Mental, dotado con máis de 80 millóns de euros.