Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UE pide unha reunión con Israel para tratar as súas obrigas respecto dos dereitos humanos

A UE pide unha reunión con Israel para tratar as súas obrigas respecto dos dereitos humanos

O alto representante de UE para Asuntos Exteriores, Josep Borrell (EFE/EPA/Olivier Hoslet) O alto representante de UE para Asuntos Exteriores, Josep Borrell (EFE/EPA/Olivier Hoslet)
G24.gal 27/05/2024 21:25

Os países da Unión Europea acordaron este luns solicitar unha reunión con Israel para tratar as súas obrigas respecto dos dereitos humanos.

“Finalmente, os ministros acordaron pedir un Consello de Asociación con Israel, algo que non foi aceptado en discusións previas”, anunciou o alto representante da UE para Asuntos Exteriores e Seguridade, Josep Borrell, nunha rolda de prensa ao termo dun Consello de titulares de Exteriores da Unión.

Os países membros abordaron a situación en Gaza como un punto prioritario na súa axenda, o mesmo día en que un bombardeo israelí nun campo de desprazados de Rafah causou unha cincuentena de mortos, unha noticia que arrepiou aos ministros europeos, asegurou Borrell.

Ata o de agora, os Estados membros non apoiaran a proposta do alto representante de convocar esa reunión con Israel no marco do acordo que regula as súas relacións bilaterais. Pero o xefe da diplomacia comunitaria subliñou que agora si hai “a unanimidade necesaria” para solicitar un Consello de Asociación con Israel a fin de discutir a situación en Gaza.

Borrell lamentou que, desde a publicación da sentenza da ONU, “non só non se detivo a actividade militar, senón que foi ao contrario, incrementouse”, do mesmo xeito que o número de vítimas civís.

Nunha rolda de prensa, o ministro español de Exteriores, José Manuel Albares, asegurou que ”España é un país que aposta polo multilateralismo pero, sobre todo, aposta polo respecto da legalidade internacional”.

Borrell deixou clara a condena da UE dos últimos ataques con foguetes do grupo islamita Hamás contra Israel, pero ao mesmo tempo reiterou tres peticións ao país hebreo.

En concreto, que aplique a decisión da CIX, que deixe de bloquear o financiamento da Autoridade Palestina e que a axencia da ONU para os refuxiados palestinos poida realizar o seu traballo. “Non nos podemos permitir a asfixia da Autoridade Palestina por unha acción indiscriminada do Goberno Netanyahu. Porque de agora en diante, non direi máis Israel, direi o Goberno de Netanyahu, porque é este Goberno o que toma estas decisións”, indicou Borrell.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade