Publicador de contidos
Publicador de contidos

A vacina española contra a covid-19 comeza a ensaiarse en persoas

A vacina española contra a covid-19 comeza a ensaiarse en persoas

A investigación desta fase clínica realizarase en dez hospitais e con 1.075 voluntarios

G24.gal 15/11/2021 15:28

A Axencia Española do Medicamento (AEMPS) autoriza a empresa Hipra a realizar ensaios clínicos da súa vacina contra a covid-19. As probas vanse facer en dez centros hospitalarios, nela participarán 1.075 voluntarios e a investigación contará cun apoio de 15 millóns de euros do Goberno.

Anunciouno este luns o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante a presentación dos Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE).

Trátase do primeiro ensaio fase IIb dunha vacina desenvolvida en España, e a súa finalidade será avaliar a seguridade e a inmunoxenicidade (a capacidade para inducir unha resposta inmune) dunha vacina de reforzo en adultos coa pauta completa de Pfizer, informou a AEMPS.

O ensaio será aleatorizado, controlado e dobre cego, é dicir, administrarase o fármaco de Hipra ou unha vacina autorizada enmascaradas, de maneira que nin o paciente nin o equipo investigador poidan identificala.

Tan pronto como sexa posible, os dez centros hospitalarios comezarán a seleccionar a aquelas persoas que cumpran cos criterios de inclusión especificados no protocolo: 1.075 voluntarios que non pasasen a enfermidade e que recibisen dúas doseS de Comirnaty, aos que se inxectará unha picada de reforzo polo menos 182 días e non máis de 365 días despois da segunda picada.

Se os resultados que se obteñen da fase IIb son favorables, iniciarase a fase III inmediatamente, e nela adheriranse máis hospitais españois e doutros países europeos e cun maior número de voluntarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos