Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alicia Fernández, de Valdoviño, apunta aos Xogos Olímpicos de París

Alicia Fernández, de Valdoviño, apunta aos Xogos Olímpicos de París

Liderou con catro goles a selección de balonmán no primeiro e decisivo partido do preolímpico contra a República Checa (31-21)

G24.gal 11/04/2024 20:36

A selección española feminina de balonmán está un paso máis preto dos xogos olímpicos de París. As Guerreiras estreáronse no torneo de clasificación cunha clara vitoria ante a República Checa: 21-31. A selección dominou o encontro a partir dunha forte defensa que lle permitiu roubar balóns e anotar ao contragolpe.

A de Valdoviño Alicia Fernández foi a segunda máxima anotadora española, con catro goles. Ao descanso, as guerreiras gañaban 10-19 e na segunda parte aínda aumentaron a diferenza. Este venres, segundo partido para España neste preolímpico de Torrevieja, será contra os Países Baixos, a outra favorita para facerse coa praza. 

31 - España: Castellanos (Zoqbi); Marta López (4), Gutiérrez (3), Gassama, Alicia Fernández (4, 1p), Barbosa (3), Mireya González (8); Etxeberria (1), Lara González (1) , Sole López (2), Tchaptchet (1), Arcos (2), So Delgado (1), Prieto (1).

21 - República Checa: Kudlakova ( Novotna); Sustackova (1), J. Frankova (1), Zachova (2), Jerabkova (2), Mala (1), Cholekova (7, 1p); Stellnerova (2), Koxova, A. Frankova (2), Striskova, Kordovska, Desortova (1), Kovarova (2).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade